Ir o contido principal

Programa Vivendas Baleiras. Alugueiro Social

O programa de Vivendas Baleiras fai referencia a un servizo encadrado dentro do Plan Galego de Rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015 – 2020.

Para dar cumprimento ao mesmo, o Concello pon en marcha unha bolsa de vivendas baleiras destinadas a persoas ou unidades familiares con dificultades para acceder ao mercado libre de arrendamento cun prezo de aluguer fixado pola comisión Concello-IGVS, cuxo pagamento mensual estará garantido por póliza de seguro. Os inmobles que formen parte da bolsa contarán con dous seguros: un multiriscos e outro que garanta o pago.

 

Requisitos

  • Ter uns ingresos anuais entre 1 e 2,5 veces o IPREM, que permitan facer fronte ás obrigas económicas que deriven do contrato de arrendamento.
  • Non dispor, a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia, dunha vivenda en propiedade.
  • Atoparse nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugueiro no mesmo municipio.
  • Non ter parentesco por vínculo de matrimonio ou outra relación estable análoga, por consanguinidade ou adopción, ata segundo grado, coas persoas arrendadoras.
  • Acreditar que a unidade de convivencia non incumpriu reiteradamente as normas de convivencia.

 

Para incorporar as vivendas ao Programa téñense que reunir as seguintes condicións:

  • Ter a consideración de vivenda libre ou non estar sometida a ningunha limitación para arrendala.
  • A vivenda deberá de cumprir con toda a legalidade urbanística.
  • A vivenda deberá estar desocupada no momento da incorporación.
  • A vivenda non deberá ser de protección oficial no momento da incorporación.
  • A vivenda ten que estar dada de alta nos servizos básicos de auga, electricidade e estar ao corrente no pagamento do IBI (contribución).
  • A vivenda reunirá as condicións mínimas de habitabilidade e idoneidade para o seu arrendamento.
  • A vivenda poderase arrendar con mobles ou sen eles, pero en todo caso contará con cociña equipada con mobiliario e electrodomésticos básicos, tamén con instalación de auga quente.

 

Colectivos prioritarios

Os colectivos prioritarios para o acceso a este programa son:

  • Afectadas por procedementos de execución hipotecaria, ou desafiuzamento por non pagamentos de rendas de vivenda habitual.
  • Con fillos menores, familias numerosas e familias monoparentais con fillos a cargo.
  • Vítimas de violencia de xénero.
  • Con persoas maiores de 65 anos ou persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida superior ao 33%.
  • Beneficiarios de axudas ó aluguer no marco de programas xestionadas polo IGVS e que, vencido o período máximo de percepción das mesmas, permanezan nunha situación de desprotección ou especial vulnerabilidade.
  • Con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que foran privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos na mesma.
  • Unidades familiares ou de convivencia formadas exclusivamente por mozas/os cunha idade comprendida entre 18 e ou 35 anos.

Esta información está recollida e ampliadas nas Bases Reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras do Concello de Cangas. Este bando é informativo e orientativo, podendo existir requisitos a maiores dos aquí descritos nas bases mencionadas.