O Concello de Cangas ten as competencias en recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos transferidos á Mancomunidade do Morrazo (Concellos de Bueu, Moaña e Cangas), que, a través dunha empresa concesionaria realiza estas labores. A propia organización do Concello asume directamente a limpeza nas vías urbanas do casco de Cangas, todos aqueles traballos realizados mediante diferentes modalidades (varrido, baldeo, etc.) e prestacións (manual, mecánica ou mixta), limpeza doutros núcleos de poboación fóra do casco, recollida e baldeirado de papeleiras, praias, dependencias públicas como a praza de abastos e outros servizos complementarios.
Plan de servizos básicos:
- Varrido manual.
- Varrido mecánico.
- Varrido mixto.
- Varrido en brigada.
- Baldeo mecánico.
- Baldeo manual.
- Recollida de residuos.
Plan de servizos complementarios:
- Limpeza de zonas sen urbanizar de titularidade municipal.
- Plan específico de caída da folla e poda.
- Plan específico de Nadal, Entroido e tempada de verán.
- Limpeza de pintadas en fachadas, vías públicas, mobiliario urbano.
- Limpeza en zonas de ocio nocturno (botellón).
- Limpeza extraordinaria en festas, actos e actividades culturais ou deportivas na vía pública.
- Limpezas extraordinarias e urxentes.
- Limpeza de mercado e praza de abastos.
- Outros tratamentos especiais.