O departamento é o encargado do mantemento xeral das infraestruturas.
- Mantemento de zonas de lecer e parques infantís.
- Mantemento de camiños municipais, reposicións e ou reparación de pavimentos, rozas, poda...
- Pequenos arranxos de beirarrúas municipais.
- Traballos de mellora da accesibilidade en colaboración coa Concellaría de Mobilidade.
- Obras de canalizacións ou separacións.
- Instalación de mobiliario urbano (bancos, papeleiras, varandas, marquesiñas, espellos, sinais, etc.).
- Mantemento das Dependencias Municipais, casa do Concello, centros de ensino de educación infantil e primaria públicos, instalacións deportivas municipais, centros sociais, mercado municipal, bibliotecas públicas, etc., fontanaría, pintura, carpintaría e ferraxería.
- Colaboración coa infraestrutura cultural e festiva nas actividades organizadas desde as áreas municipais de Cultura, Deportes, Turismo, Xuventude, Benestar Social, etc.
- Mantemento dos Cemiterios Municipais.
- Traballos de sinalización viaria en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade e Estatística.
- Os diferentes departamentos cos que conta este servizo:
- SECCIÓN DE CARPINTARÍA.
- SECCIÓN DE OBRAS ALBANELARÍA E SERVIZOS VARIOS.
- SECCIÓN DE FONTANARÍA.
- SECCIÓN DE ALMACÉN E SERVIZOS VARIOS.
- CEMITERIOS MUNICIPAIS.
- SECCIÓN DE XARDINARÍA.
- SECCIÓN DE MAQUINARIA.
- SINALIZACIÓN.