O Concello de Cangas considera vital a participación cidadá como motor da sociedade. Dende o goberno local trabállase para facilitar a actividade da veciñanza e atender as súas demandas.
No eido cultural, deportivo e educativo Cangas pon a disposición da veciñanza, asociacións e clubs, os recursos e infraestruturas municipais para desenvolver as súas actividades.
No eido tecnolóxico, asume a tendencia a descentralizar e modernizar no posible a administración, facéndoa máis próxima, comprensible e accesible, mellorando a atención e o acceso á información de toda a cidadanía, así como ao resto da administración municipal.
Sede electrónica
É un medio a través do cal as persoas interesadas poden exercer o seu dereito de acceso á información, aos servizos e aos trámites electrónicos da Entidade. Desde esta plataforma, a persoa interesada pode efectuar trámites ou realizar consultas sen ter que asistir presencialmente as dependencias municipais.
Regulamento de Participación Veciñal. 28 de xaneiro de 1995
A participación é unha peza fundamental da vida democrática dos concellos, por iso en Cangas o Goberno Local quere impulsar a participación da veciñanza na vida diaria municipal.
* A área responsable da participación está traballando na elaboración dun novo regulamento.