Ir o contido principal

PROTECCIÓN CIVIL DE CANGAS RECIBE NOVO EQUIPAMENTO

FacebookTwitterShare
PROTECCIÓN CIVIL DE CANGAS RECIBE NOVO EQUIPAMENTO

Protección Civil de Cangas vén de recibir novo equipamento a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.

O material recibido permitirá renovar recursos que estaban deteriorados e que xa non cumprían correctamente a súa función, reforzando os medios dispoñibles para o desenvolvemento das intervencións.

Entre o equipamento incorporado figuran 10 equipos de protección individual para traballos á intemperie, compostos por pantalón e anorak hidrófugo de alta visibilidade e botas de auga reforzadas.

Tamén se incorpora unha padiola nido con unidade de flotación, destinada a rescates no mar ou en terreos de difícil acceso. Este equipamento substitúe a padiola existente, adquirida no ano 1998, e mellora as súas prestacións ao reducir o peso e facilitar o transporte e o manexo.

A dotación complétase cunha padiola de palas para a mobilización de vítimas en accidentes de tráfico, que substitúe o material anterior, adquirido no ano 1999.

O novo equipamento queda xa a disposición de Protección Civil de Cangas para o desenvolvemento das súas intervencións.

Descargas