Obradoiros de Tempo Libre 2020

A Concellería de Xuventude e Voluntariado presentou os Obradoiros de Tempo Libre para o ano 2020. Esta programación consta de catro cursos de formación en diversas áreas:
- Curso de Fotografía (40h): comezo en xaneiro, inscricións na casa da Xuventude, prezo 40€.
- Curso de Confección de Disfraces (30h):comezo en xaneiro, inscricións na casa da Xuventude, prezo 25€.
- Curso formativo en igualdade (30h) máis información na Casa da Xuventude, prezo 25 €.
- Curso en linguaxe de signos (30h) máis información na Casa da Xuventude, prezo 25 €.
Todos os cursos son para maiores de 16 e teñen prazas limitadas. Serán clases de 2h, dous días por semana e non se solaparán entre sí. Inscricións e máis información na Casa da Xuventude.
- Log in to post comments