Ludoteca 2019/2020

A Concellería de Xuventude ten a ben presentar a ludoteca, que se desenvolverá na Casa da Xuventude dende outubro de 2018 a maio de 2019.
Os obradoiros están orientados a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos que queiran participar nas súas actividades de luns a xoves 16.30h. a 19.30 h. e os venres de 16.30 a 18.30 h. Podendo anotarse unha tarde dúas horas, catro horas semanais ou seis horas semanais ; abonando unha cota única de 25, 40 ou 50 €, respectivamente.
Este ano ofértanse actividades o venres, buscando así ampliar a oferta.
O prazo de inscrición comeza a partires do martes 29 de outubro, e o curso iniciarase o vindeiro 11 de novembro.
Para que a matriculación sexa efectiva haberá que presentar o formulario de inscrición, debidamente cuberto, na Casa da Xuventude de Cangas e aboar a correspondente cota.
As actividades son obradoiros de tempo libre temáticos, que se realizarán seguindo un fío condutor que enmarcará as actividades de cada mes.
- Log in to post comments