Ir o contido principal

Entrega de diplomas do programa Correspondentes Xuvenís 3.0

FacebookTwitterShare
Entrega de diplomas do programa Correspondentes Xuvenís 3.0

Esta mañá, o Salón de Plenos do Concello de Cangas acolleu a entrega de diplomas as persoas participantes no programa de Correspondentes Xuvenís 3.0.

Ao acto asistiron Xosé Manuel Pazos Varela, Alcalde do Concello de Cangas, Andrés García Bastón Concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Suso Antelo García, Director do Centro Coordinador de Información Xuvenil e Mercedes Lorenzo Núñez, Técnica Responsable de Xuventude e Voluntariado do concello.

Os Correspondentes Xuvenís son mozos e mozas voluntarios/as, de 14 a 20 anos, ao interno dos institutos, que difunden a información ente iguais, adquirindo a súa vez unha serie de habilidades e competencias comunicativas e de liderado, que lles permiten formarse de cara ao futuro dentro do ámbito da educación non formal. Ademais, este programa permite que sexan os primeiros/as en ter acceso á información.

Como Correspondentes 3.0. reciben un certificado que acredita ese tempo traballado, ademais do carné xove, carné de alberguista e o carné internacional de forma totalmente gratuíta.

En cangas son 54 os Correspondentes Xuvenís, o concello con maior número de toda a zona e de toda Galicia. Este é un mérito da implicación da técnica de xuventude do concello e dos profesores dos distintos centros.

A finais de xuño acudirán a un encontro con tódolos participantes da comunidade autónoma en Gandarío, importante tanto pola parte formativa, analizando todo o que se traballou durante o curso tratando de melloralo para o próximo curso, como pola parte lúdica, coñecer xente de tódolos puntos de Galicia.