Enredos de Verán 2026
Abrimos o prazo de inscrición para o programa Enredos de Verán do Concello de Cangas que inclúe tres liñas de actuación:
- Enredos: campamentos de día en tres localizacións diferentes dentro do municipio para facilitar os desprazamentos das familias: Espiñeira, San Roque e Nazaret (para nenos de 3 a 12 anos escolarizados). De luns a venres de 9.00h. a 14.00h.
https://forms.gle/Wviw1PXbRWjUDREQA
- Campamentos náuticos: catro quendas náuticas a través de convenios de colaboración co Club de Mar Ría de Aldán e o Club Náutico de Rodeira (para nenos de 6 anos ou máis que saiban nadar).
https://forms.gle/PPx2HDAbzzKUW4DJ9
- Campamento externo: Retomamos este campamento tan popular que tivemos que suspender durante a pandemia. Trátase dun campamento de 8 días nunha localización aínda por determinar:
https://forms.gle/dDdHZUoZvwdSKQtz8
- 45 participantes de 7 a 14 anos
- 21-29 de xuño
- As Sinas ou Viveiro (por determinar)
Dado que non podemos dar máis detalles ata que recibamos a confirmación da concesión de instalación, abriremos un período de preinscrición, coincidindo coas nosas outras actividades, do 22 de abril ao 15 de maio. Se finalmente se realiza o campamento, darase prioridade ás persoas que se preinscribiron, ata un total de 45 participantes.
Para + Info Casa da Xuventude – xuventude@cangas.gal – Tlf.: 986392171
- Log in to post comments



