ENREDOS DE VERÁN 2020

Do 6 de xullo ao 28 de agosto.
O Concello de Cangas dada a situación de excepcionalidade con motivo da pandemia do coronavirus COVID-19 e co fin da dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, pretende que este ano o programa Enredos de Verán vaia dirixido preferentemente as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar
QUENDAS
Por mor da situación de pandemia a organización da actividade neste ano 2020 será a seguinte:
* Formación de grupos , sempre en cumprimento das medidas que as autoridades sanitarias e responsables das actividades de lecer educativo deberán implementar con carácter xeral
* As quendas serán mensuais polo que quedará establecidas asi:
1ª quenda do 6 ao 31 de xullo ( 4 semanas/20 días de actividade)
2ª quenda do 3 ao 28 de agosto ( 4 semanas/20 días de actividade)
Somentes se podrá participar nunha quenda a menos que haxa vacantes
Horario: 9:00-14:00 horas
Por mor da situación de pandemia non haberá servizo de comedor.
Lugares de celebración: Ceip San Roque, Ceip Coiro Castrillón, Ceip A Rúa, Ceip Aldán-Espiñeira, Ceip Hio, Ies Rodeira
PARTICIPANTES
Terán preferencia para solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as rapazas e rapaces empadroados en Cangas (comprobarase de oficio), sempre e cando cumpran as seguintes condicións:
1.-En canto as idades mínimas e máximas deberán terse en conta o seguinte :
- Os/As nados/as no ano 2007 non poderán cumprir 13 anos antes da finalización do campamento.
- Idade mínima: Nados no ano 2016 .
2.- Que os seus proxenitores ou titores/as legais acrediten a necesidade dun servizo de conciliación laboral e familiar no horario do programa.
3.-Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.
4.- Control e prevención da COVID-19
Non se permitirá a participación de persoas que pertezan a grupos de risco, ou que convivan con grupos de risco: diabete, enfermidade cardiovascular,enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas, maiors de 60 anos.
Garantirase o cumprimento de protocolos de seguridade (medidas persoais de hixiene, e prevención obrigatorias), así como a intensificación das tarefas de limpeza e desinfección dos espazos e materiais
Os/as monitores/as e a dirección da actividade velarán pola seguridade da actividade mediante o control da declaración de saúde de cada participante. Os/as pais/nais dos/as participantes deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte a COVID-19, de tal forma que se algún presenta sintomatoloxia asociada coa enfermedade, non acudirá e contactará co/a monitor/a responsable da actividade.
Para garantir esto cada nai, pai ou titor/a asinara un compromiso por escrito antes de empezar a actividade.
O incumprimento destas normas dará lugar á inadmisión da solicitude.
PERSOAS CON DISCAPACIDADE
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
- Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios.
- Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
- Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades e dos horarios que se van desenvolver no destino que soliciten. Esta capacidade poderá ser valorada polos equipos técnicos do Concello de Cangas.
Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.
PREINSCRIPCIÓN:
DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR AS PERSOAS PARTICIPANTES SELECCIONADAS
As persoas participantes deberán presentar ademáis da solicitude (anexo I) seguinte documentación:
-
- O xustificante do pagamento (entregarase unha vez confirmada a praza)
- Unha fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante ou a folla correspondente do libro de familia.
- Unha fotocopia da tarxeta sanitaria
- O cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo II).
- A declaración responsable de cumprimento medidas COVID-19. (Anexo IV)
- Docuimentos acreditativos da necesidade de conciliación.
No caso de persoas con discapacidade ademais:
- certificado acreditativo do grao de discapacidade e a copia do ditame técnico facultativo emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
- Anexo III Cuestionario de necesidades especificas de apoio.
PREINSCRIPCIÓN
As solicitudes de preinscripción xunto coa documentación correspondente enviaranse por corrreo electrónbico a xuventude@cangas.gal
Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:
a) Cada mozo ou moza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá o tipo de quenda.
b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da rapaza ou rapaz que opta a participar nas actividades.
c) As solicitudes deberan estar asinar os/as pais/nais ou titores/as dos menores.
A presentación da preinscrición implica a aceptación das normas deste procedemento.
PRAZOS
Preinscripción |
Ata o 23 de xuño |
Publicación inscritos e lista agarda |
26 xuño |
Confirmación praza e pago cuota |
1, 2 e 3 xullo |
PREZOS
A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas, en sesión ordinaria celebrada o 6 de novembro de 2017, ao amparo do artigo 4 da Ordenanza Reguladora de prezo público por impartición de cursos, ludotecas, viaxes e outras actividades de carácter deportivo e/ou socioculturais organizadas polo Concello (BOPPO nº 38 de 23/02/2012) acordou a aprobación dos seguintes presos públicos para o pago das actividades do programa “Enredos”:
* Por Quenda de 4 semanas 100 €/
Cando o importe a aboar por unha familia supere os 200 € , poderá fraccionarse o pago, a petición do/a interesado/a realizándose do seguinte xeito: 1º pago 50% no momento de realizar a inscripción, 2º pago 50% na semana anterior ao inicio da actividade. Para solicitar o pago fraccionado deberá domiciliarse o 2º pago.
4.- As persoas solicitantes das actividades poderán optar a unha bonificación sobre a taxa establecida en base a cumplir unha serie de requisitos:
1º.- Desconto por varios irmáns: A incripción dos irmáns terá unha bonificación do 50% cada un deles a partires da 2ª inscripción.
2.- Desconto tendo en conta a a situación económica do solicitante e o seu cónxuxe ou parella. Para ter dereito a esta bonificación as persoas interesadas deberán presentar a correspondente solicitude xunto coa documentación requerida e no prazo establecido que coincidirá co periodo de inscripción no programa Enredos. Dita documentación servirá de base para realizar o cálculo dos ingresos mensuais tendo en conta tódolos ingresos do solicitante e cónxuxe ou parella, que comprenderán pensións e prestacións de previsión social (calquera que sexa o seu réxime), rendementos do traballo, rendementos de capital mobiliario e inmobiliario, rendementos de actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.
As bonificacións serán as seguintes:
- Bonificación do 100 % do custe do servizo de comedor escolar para os alumnos pertencentes a unidades familiares perceptoras da RISGA ou cunha renda igual ou inferior a contía desta prestación [Ingreso mínimo: 75 % do IPREM (403,38 € ) + Complemento familiar: 14 % do IPREM mensual adicional polo 2º membro (75,29 €) ; 12 % adicional polo 3º (64,54 €) ; 10 % adicional polo 4º e sucesivos (53,78 €) + Complemento de alugamento: 10 % adicional (53,78€), sempre que se xustifiquen gastos por dito concepto]
Nº DE MEMBROS DA FAMILIA |
INGRESOS ANUAIS |
INGRESOS MEDIOS |
Familia de 2 membros |
6.389,40 € |
532,45 €/mes |
Familia de 3 membros |
7.163,88 € |
596,99 €/mes |
Familia de 4 membros |
7.809,24 € |
650,77 €/mes |
Familia de 5 membros |
8.454,60 € |
704,55 €/mes |
Familia de 6 membros |
9.099,96 € |
758,33 €/mes |
- Bonificación do 85 % do custe do servizo de comedor escolar para os alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior ao 125 % da contía da RISGA (Ingreso mínimo + Complemento familiar + Complemento de alugamento).
Nº DE MEMBROS DA FAMILIA |
INGRESOS ANUAIS |
INGRESOS MEDIOS |
Familia de 2 membros |
7.986,75 € |
665,56 €/mes |
Familia de 3 membros |
8.954,75 € |
746,24 €/mes |
Familia de 4 membros |
9.761,55 € |
813,46 €/mes |
Familia de 5 membros |
10.568,25 € |
880,69 €/mes |
Familia de 6 membros |
11.374,95 € |
947,91 €/mes |
- Bonificación do 60% do custe do servizo de comedor escolar para os alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior ao 125 % do IPREM + 15 % adicional por cada membro da unidade familiar.
Nº DE MEMBROS DA FAMILIA |
INGRESOS ANUAIS |
INGRESOS MEDIOS |
Familia de 2 membros |
8.067,54 € |
672,30 €/mes |
Familia de 3 membros |
9.277,67 € |
773,15 €/mes |
Familia de 4 membros |
10.487,80 € |
874,00 €/mes |
Familia de 5 membros |
11.697,93 € |
974,85 €/mes |
Familia de 6 membros |
12.908,06 € |
1.075,70 €/mes |
- Bonificación do 50% do custe do servizo de comedor escolar para os alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior ao 150 % do IPREM + 15 % adicional por cada membro da unidade familiar.
Nº DE MEMBROS DA FAMILIA |
INGRESOS ANUAIS |
INGRESOS MEDIOS |
Familia de 2 membros |
9.681,05 € |
806,76 €/mes |
Familia de 3 membros |
11.133,21 € |
927,77 €/mes |
Familia de 4 membros |
12.585,37 € |
1.048,78 €/mes |
Familia de 5 membros |
14.037,53 € |
1.169,79 €/mes |
Familia de 6 membros |
15.489,69 € |
1.290,80 €/mes |
As bonificacións previstas neste artigo non son acumulables.
As solicitudes de bonificación realizaranse no Centro Municipal de Benestar Social do 18 ao 25 de xuño a través do correo electrónico benestarsocial@cangas.gal
5.- Se, unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puider asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días naturais antes do inicio da actividade, ou cando por causas non imputables á persoa interesada non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.
Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.
A preinscrición poderá presentarse a través de xuventude@cangas.gal
- Log in to post comments