MARCHA SOLIDARIA FINA ACUÑA 2026
Xa están abertas as inscricións para a Marcha Solidaria Fina Acuña 2026, que se celebrará o vindeiro 4 de outubro coa participación de persoas de distintos puntos do Morrazo.
A iniciativa ten como obxectivo apoiar ás persoas afectadas por cancro de mama e cancro xinecolóxico e volverá reunir a centos de participantes nunha xornada solidaria organizada por ADICAM.
A marcha contará con dúas saídas:
Bueu · 9.45 horas
Moaña · 10.00 horas
Para participar é necesaria inscrición previa a través da plataforma Carreiras Galegas.
Inscrición: https://www.carreirasgalegas.com/events/andaina-marcha-fina-acua-2026/4mVoXZ9p
A marcha conta coa colaboración dos concellos de Cangas, Bueu e Moaña e da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments



