Ir o contido principal

CINEMAS OCULTOS REGRESA AO AUDITORIO DE CANGAS DO 2 AO 9 DE OUTUBRO

FacebookTwitterShare
Presentación Cinemas Ocultos.

O Cineclub Cangas celebra do 2 ao 9 de outubro unha nova edición de Cinemas Ocultos, XXI Semana de Cine de Cangas, que volverá levar ao Auditorio Municipal unha selección de cinema galego, estatal e internacional.


Baixo o lema ‘Celebracións’, a edición deste ano reúne 15 películas entre longametraxes e curtametraxes, ademais dunha programación específica para público infantil e escolar. A proposta chega, ademais, nun momento especialmente significativo para o Cineclub, que este mes de decembro cumprirá 50 anos desde aquela primeira proxección cineclubista celebrada en Cangas en 1976.


A programación comezará o venres 2 de outubro ás 21.00 horas con Decorado, a película de animación de Alberto Vázquez protagonizada por Arnold, un rato que comeza a sospeitar que o mundo no que vive non é exactamente o que parece.     


O sábado 3 haberá dobre sesión. Ás 18.00 horas proxectarase Un barco no xardín, de Jean-François Laguionie, dirixida ao público infantil; e ás 21.00 horas, Jone, ás veces, de Sara Fantova. O domingo 4 será a quenda de Tótem, da cineasta mexicana Lila Avilés, e o luns 5 chegará As correntes, de Milagros Mumenthaler.


O martes 6 estará especialmente dedicado ao público máis novo e ao audiovisual galego. Pola mañá, dentro de Escolas ao Cine, realizaranse dúas proxeccións de Pequena Amélie, ás 10.00 e ás 12.00 horas. Xa ás 21.00 horas, a sesión reunirá seis curtametraxes galegas: Brom Brom Follar, Algo novo que contar, Afeminadas, O corpo de Cristo, Cara de cona e Boca de asno.


A recta final de Cinemas Ocultos continuará o mércores 7 con Dous días, de Gonzaga Manso; o xoves 8 con Un mundo fráxil e marabilloso, de Cyril Aris; e concluirá o venres 9 con Así chegou a noite, de Ángel Santos, rodada na costa galega. Todas estas sesións serán ás 21.00 horas.


A XXI Semana de Cine de Cangas está organizada polo Cineclub Cangas e conta coa colaboración do Concello de Cangas, entre outras entidades.


PROGRAMACIÓN

  • Venres 2 · 21.00 horas. Decorado.
  • Sábado 3 · 18.00 horas. Un barco no xardín.
  • Sábado 3 · 21.00 horas. Jone, ás veces.
  • Domingo 4 · 21.00 horas. Tótem.
  • Luns 5 · 21.00 horas. As correntes.
  • Martes 6 · 10.00 e 12.00 horas. Pequena Amélie · Escolas ao Cine.
  • Martes 6 · 21.00 horas. Galicia en Curta.
  • Mércores 7 · 21.00 horas. Dous días.
  • Xoves 8 · 21.00 horas. Un mundo fráxil e marabilloso.
  • Venres 9 · 21.00 horas. Así chegou a noite.