Ir o contido principal

Enredos de verán 2019 condicións de acceso ao porgrama

FacebookTwitterShare
Enredos de verán 2019

PARTICIPANTES

- Os/As nados/as no ano 2006 non poderán cumprir 13 anos antes da finalización do campamento.

- Idade mínima:  Nados no ano 2015 .

 

Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.

 

PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

- Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios.

- Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

- Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. Esta capacidade poderá ser valorada polos equipos técnicos do Concello de Cangas.

A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na Casa da Xuventude.

Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.

 

  DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR AS PERSOAS PARTICIPANTES SELECCIONADAS

    • O xustificante do pagamento
    • Unha fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante ou a folla correspondente do libro de familia.
    • Unha fotocopia da tarxeta sanitaria
    • O cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo II).
    • A declaración responsable de que sabe nadar, somentes no caso de solicitude de campamento nautico.

 No caso de persoas con discapacidade ademais:

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade e a copia do ditame técnico facultativo emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
  • Anexo III Cuestionario de necesidades específicas de apoio.

 

PRAZOS

   
Presentación de solicitudes

Do   ao   de maio

Exposición das listas e enmenda de errose

5 días despois de pechar  o prazo de inscrición. Procederase a facer públicas as listas de admitidos/as coas súas correspondentes quendas durante un prazo de 8 días naturais . Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos  ou non atopan a solicitude, deben poñerse en contacto coa Casa da Xuventude. A comunicación dos erros deberá efectuarse durante o prazo de Exposición dos listados. Unha vez transcorrido ese prazo, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá reclamación ningunha.

Publicación listados definitivos

Unha vez rematado o praza de exposición das listas provisionais, e valoradas as posibles reclamacións., expòrase a lista definitiva que non sufrirá variacións.

 

PREZOS

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas, en sesión ordinaria celebrada o 6 de novembro de 2017, ao amparo do artigo 4 da Ordenanza Reguladora de prezo público por impartición de cursos, ludotecas, viaxes e outras actividades de carácter deportivo e/ou socioculturais organizadas polo  Concello (BOPPO nº 38 de 23/02/2012) acordou a aprobación dos seguintes presos públicos para o pago das actividades do programa “Enredos”:

 

         * Por semana enteira.  25 €/ semana

         * Tres día a semana (Luns, mércores e venres) 15 €/semana

         * Dous días a semana (martes e xoves) 10 €/semana

         * Campamento naútico  1 quincena. 45 €

         * Comedor 4 €/día.

 

Cando o importe a aboar por unha familia supere os 200 €, poderá fraccionarse o pago, a petición do/a interesado/a  realizándose do seguinte xeito: 1º pago 50% no momento de realizar a inscripción, 2º pago 50%  na semana anterior ao inicio da actividade. Para solicitar o pago fraccionado deberá domiciliarse o 2º pago.

As persoas  solicitantes das actividades poderán optar a unha bonificación sobre a taxa establecida en base a cumplir unha serie de requisitos:

1º.- Desconto por  varios irmáns: A incripción dos irmáns terá unha bonificación do 50% cada un deles a partires da 2ª inscripción.

Esta bonificación somentes se aplicará sobre o prezo das actividades e non sobre o prezo do comedor.