ENREDOS DE NADAL
BASES ENREDOS DE NADAL
O programa “ENREDOS” é un servizo de asistencia lúdico educativo que inclúe a programación de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, actividades artísticas e todas aquelas encamiñadas a acadar un desenvolvemento persoal e social que favoreza tanto a comunicación coma o dinamismo multicultural dos nenos e nenas que participarán nos campamentos. Ofrece un espazo de conciliación para as familias dos menores de entre 3 e 12 anos (que xa estean escolarizados e que non teñan 13 anos antes de finalizar o campamento) durante as vacacións escolares.
QUENDA:
22, 23, 24, 26, 27 29, 30, 31 de decembro 2, 5 de xaneiro
O horario será 9:00 a 14.00 horas. No caso de ter demanda suficiente por necesidades de conciliación previamente xustificadas, poderá ampliarse o horario que para os usuario/as que o demandasen sería de 8:30 a 14:30.
Lugar de celebración: CEIP Nazaret
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 24 de novembro ao 12 de decembro.
PARTICIPANTES:
O programa ENREDOS está destinado a rapazada escolarizada, con idades incluídas entre os 3 anos (xa escolarizados) e os 12 anos (non poderán ter 13 antes da finalización do campamento) e terán prioridade os/as menores empadroados/as no Concello de Cangas.
No caso da rapazada con necesidades especiais ou grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
- facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, coa fin de planificar os apoios personais necesarios.,
- deben ser autosuficientes,
- deben ter unha capacidade mínima de comunicación e participación,
- deben ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades e dos horarios programados,
- que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
PAGAMENTO:
O prezo é de 60 € (polo total da actividade)
BONIFICACIÓNS:
As persoas solicitantes das actividades poderán optar a unha bonificación sobre a taxa establecida.
Os descontos terán en conta a situación económica da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella. Para ter dereito a esta bonificación, as persoas interesadas deberán acudir de xeito presencial (unha vez feita a solicitude) a Servizos Sociais e entregar toda a documentación requirida no prazo establecido que coincidirá co período de inscrición no programa Enredos.
Esta documentación servirá de base para realizar o cálculo dos ingresos mensuais que terá en conta todos os ingresos da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella, os cales comprenderán pensións e prestacións de previsión social (calquera que sexa a súa procedencia).
RENUNCIA A PRAZA
Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste nos seguintes casos:
- No caso de impedimento da persoa interesada para asistir a actividade por algún dos seguintes motivos debidamente xustificados: enfermidade, ingreso hospitalario, intervención cirúrxica ou accidente. Nestes casos, deberá acreditarase con informe médico ou hospitalario e deberase comunicar a renuncia á praza ao Concello de Cangas coa maior brevidade posible.
- No caso de que non se preste o servizo por causas non imputables á persoa interesada ou anulación da actividade por parte do Concello de Cangas. Nestes casos a presentación de solicitudes de devolución deberase efectuar nun prazo de vinte días naturais contados a partir do día no que o Concello de Cangas comunique a non prestación do servizo.
Todas as solicitudes de devolución da cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.
A solicitude poderá presentarse no rexistro xeral do Concello de Cangas ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola lei. Deberá dirixirse á alcaldesa/presidenta.
- Log in to post comments
Ligazóns



