Enredos de Nadal
O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza o programa “ENREDOS DE NADAL 2018”, que ten coma obxectivos principais:
- Fomentar a igualdade de oportunidades
- Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
- Potenciar un modelo de sostenibilidade social.
- Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
- Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
- Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos vacacionais, tendo en conta a perspectiva de xénero.
Dirixido a: Nenos/as de 4 a 12 anos .
- Grupo de 4-6 anos
- Grupo 7-10 anos
- Grupo 11-12 anos
Datas:
- 1ª quenda: 26/27/28
- 2ª quenda: 31/2/3/4
- Actividade completa: 26/27/28 decembro e 31/2/3/4 de xaneiro
Horarios: Actividades 9:00 – 14:00 horas
Actividades a desenvolver: Talleres, xogos cooperativos, dinámicas de grupo, comedor.
Lugares: CEIP Nazaret //CEIP Espiñeira (se hai rapaces para facer grupo)
Prezo: Actividades de mañá: 5 €/día
Inscrición: Ata o mércores 12 de decembro
Información e inscrición: Casa da Xuventude (Rúa Real 29, teléfono 986392171)
NOTA: A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade porá a disposición dos veciños/as de Cangas axudas para unidades familiares que por escasez de recursos económicos non poden afrontar o custo das actividades de verán. Para máis información dirixirse a Centro Municipal de Benestar Social, teléfono: 986392266.
- Log in to post comments



