Ir o contido principal

CURSOS CONCELLERÍA DE XUVENTUDE

FacebookTwitterShare
cartael

A Concellería de Xuventude do Concello de Cangas a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil convoca os seguintes cursos:

TECNOLOXIAS EN FAMILIA: EDUCAR CON CRITERIO PROPIO NA ERA DIXITAL.

Dirixido a familias: nais, país titores de nenos/as e adolescentes.

Na actualidade, as tecnoloxías dixitais forman parte da vida cotiá de nenos, nenas e adolescentes, influíndo na súa maneira de aprender, comunicarse e relacionarse. Porén, este uso tamén presenta riscos asociados á sobreexposición, á desinformación, á falta de privacidade ou ao acceso a contidos inadecuados. Por iso, resulta fundamental ofrecer ás familias unha formación específica que lles proporcione ferramentas para acompañar de forma activa e crítica aos seus fillos e fillas no mundo dixital. Esta formación non só permite previr situacións de risco, senón que tamén fomenta un uso saudable, responsable e enriquecedor da tecnoloxía, fortalecendo a comunicación familiar e promovendo valores de cidadanía dixital entre a mocidade.

O curso será impartido pola FUNDACIÓN SPLAI,  en 6 sesións 11, 13, 18, 20, 25, 27  de novembro de 18.00 h. a 20.00h. na Casa da Xuventude.

 

CAMPAMENTO DIXITAL: COMUNICACIÓN E CREACIÓN DE CONTIDOS.

Campamento Digital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, e financiado con Fondos Next Generation da Unión Europea.

 

Na liña de 14 a 17 anos aprenderán Comunicación e creación de contidos dixitais. Un curso de 8 horas onde deseñarán campañas de márketing, crearán unha estratexia de marca en redes sociais e editarán vídeos con gancho. Ademais, poñeranse na pel dun community manager: practicarán como responder mencións e organizar os seus contidos elaborando un calendario editorial.

 

  • MARKETING DIXITAL E REDES SOCIAIS: Estratexias de branding, marketing dixital e presencia en redes sociais, oportunidades laboráis en comunicación e marketing dixital.
  • CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS: Como crear e planificarcontidos de calidade, construir unha marca persoal e crear e editar videos para redes sociais.

O curso será impartido pola Fundación Cibervoluntarios, en 2 sesións os días 22 e 23 decembro de 10.00 h. a 14.00 h. na Casa da Xuventude

 

A inscrición debe realizarse na Casa da Xuventude (Rúa Real, 29 ) ou através do correo electrónico xuventude@cangas.gal antes do 5 de decembro (prazas limitadas por orde de chegada)

 

CartelCartel