Ir o contido principal
O programa engloba tres actividades nas que o prazo de inscripción comezará o 17 de febreiro

A Concelleria de Xuventude e Voluntariado presenta "Que o Inverno non te pare"

FacebookTwitterShare
Cartel Xuventude e Voluntariado

Baixo o lema  “Que o inverno non te pare” a Concellería de Xuventude e Voluntariado oferta diferentes actividades de tempo libre para a mocidade.

Deixamos a continuación os formularios de inscripción, xunto con toda a información das actividades.

As actividades serán as seguintes:

FIN DE SEMANA BRANCO-  17 ó 19 de Marzo 2023 - Estación de esquí de Leitariegos (León).  50 participantes. Deben ter 18 anos ou menores acompañados/as

  • 3 dias/ 2 noites en réxime de media pensión
  • Material de esquí
  • Forfait 2 días
  • Curso de esquí (4 horas)
  • Monitor acompañante 24 horas
  • Autobús ida e volta
  • Cota de participación 203 €

O prazo de inscrición comenzará o día 17 de febreiro.

 

CURSO DE MONITORES /AS DE TEMPO LIBREEn colaboración coa Escola de Tempo Libre Barlovento,  dará comenzó na Casa da Xuventude de Cangas un novo curso de Monitores /as de Tempo Libre que se prolongará dende o 18 de marzo ata o 21 de maio.

Os/as interesados/as deberán chamar a Casa da Xuventude 986392171

O prazo de inscrición comenzará o día  17 de febreiro

 

20º  CERTAME DE CÓMIC. Dirixido a xóvenes artistas non profesionais de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2023.

Os traballos deberán ser presentados antes do 30 de xuño de 2023