Ir o contido principal

Clausura dos obradoiros da Casa da Xuventude

FacebookTwitterShare
Clausura dos obradoiros da Casa da Xuventude

Hoxe pola tarde tivo lugar a clausura do presente curso dos Obradoiros Infantís que se veñen realizando durante todo o ano na ludoteca da Casa da Xuventude.

Estas actividades organizadas dende a Concellería Mocidade e Voluntariado veñen realizándose nos últimos anos cun grande éxito de asistencia.

O programa foi configurado con actividades lúdicas para ensaiar e perfeccionar as habilidades, coñecementos e actitudes que acompañarán aos nen@s no decurso da súa vida.

Rapazas e rapaces de entre 4 e 12 anos disfrutaron dende o mes de outubro dos talleres de reciclaxe propostos  para acadar os obxectivos os seguintes:

  • Promover o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social dos nenos/as.
  • Conseguir que os pequenos/as adquiran hábitos saudables e construtivos no seu tempo de lecer.
  • Axudar aos cativos/as a desenvolver a súa imaxinación e creatividade mediante o xogo, a lectura e a experimentación.
  • Promover actitudes participativas nas actividades lúdicas e socioculturais.
  • Establecer pautas e bases normativas cívicas e sociais de respecto e interacción nas actividades grupais
  • Educar en valores.
  • Detectar precozmente condutas inadecuadas como agresividade, illamento, retraso na maduración, marxinación, e desenvolver estratexias para reconducilas e modificalas adecuadamente.