Campamento de Entrimo do 15 ao 26 de agosto

Do xoves día 8 e ata o 15 de xuño abrimos o prazo de preinscrición ao campamento de pernoita organizado pola Concellaría de Mocidade e Voluntariado do Concello de Cangas, para nenos e nenas de 6 a 13 anos (no momento do campamento).
O Campamento será en Entrimo (Ourense), e comezará o día 15 de agosto.
Se as solicitudes superan as prazas ofertadas, trataremos de organizar dúas quendas de campamento para facilitar a participación do maior número posible de nenos/as, tratando de evitar ter que facer un sorteo.
No caso de ter que dividilo, as opción serían as seguintes:
- OPCIÓN 1 - Do 15 ao 21 de agosto.
- OPCIÓN 2 - Do 21 de agosto ao 26 de agosto.
Respectaremos a inscrición nas diferentes opcións por rigorosa orde de chegada
Para + info: Casa da Xuventude – 986 392 171.
- Log in to post comments