Ir o contido principal
Xoves 05 de xaneiro do 2023

CABALGATA DE REIS CANGAS 2023

FacebookTwitterShare
Cabalgata

Este ano as súas maxestades percorreran en tres coches clásicos as parroquias do rural a partir das 16.00 h dende o Gatañal pasando por Darbo, Hío, Aldán e Coiro onde as 18:00 h se subiran as carrozas iniciando o desfile  da comitiva Real dende a rotonda do Gordo pasando polo centro da Vila e finalizando na Avda. da Coruña.

RECOMENDACIÓNS AO PÚBLICO, CABALGATA DE REIS 2023

  1. Acudir con tempo suficiente para aparcar. Teñan en conta os tramos cortados á  circulación. As zonas de aparcamento están debidamente sinalizadas.
  2. Buscar un sitio amplo e sen aglomeracións para desfrutar da cabalgata. O percorrido é grande polo que hai sitios de menos afluencia de persoas para ver a cabalgata con seguridade.
  3. As persoas con mobilidade reducida e/ou necesidades especiais terán dous espazos habilitados para poder seguir de preto a comitiva dos Reis: na parada do bus do Paseo de Castelao, na zona da cafetería Cangaceiro , e na confluencia de Montero Ríos con Fomento fronte a parada de taxis da estación marítima
  4. Non subir ao mobiliario público (varandas, vallas, bancos…) xa que podemos esvarar e/ou caer.
  5. Non invadir o espazo do percorrido das carrozas, mantéñanse na marxe da rúa por onde desfilan.
  6. Vixiar @s cativ@s, soen despistarse con facilidade. No caso de extravío, manteña a calma e diríxase ao punto de información situado na zona descarga da Avenida de Castelao, fronte o Estanco, ou directamente ao persoal da policía local ou protección civil.
  7. Hai que evitar que @s cativ@s se acheguen ás carrozas para evitar caídas e mesmo atropelos.
  8. En caso de emerxencia, siga as instrucións do persoal de policía local, protección civil e organización.