Ir o contido principal
Esta actividade está enmarcada dentro das XXIII Xornadas de Mulleres en Acción

Xornada de Mulleres en Acción

FacebookTwitterShare
Mulleres en Acción

Sábaso 8 de xullo ás 18:30h no Salón de Plenos do Concello de Cangas

18:30 Presentación do Festival territorio violeta

PRESENTAN Dª SILVIA PEREIRA E Dª ROSA MERÁS

Territorio Violeta é un festival multidisciplinar que tenta poñer o foco no percorrido que a sociedade e as artes escénicas fan a prol da igualdade. A cor violeta é dende hai tempo a do feminismo e non é casual que nos inclinemos por ela para falar de igualdade. Utilizando a simboloxía actual que asocia ás mulleres coa cor rosa e aos homes coa azul, mestura da que xorde a cor violeta, poñemos o acento nesta cor como símbolo dun lugar común de igualdade 

 

19:00 Conferencia Amelia Tiganus: Consentimento, cultura da violación e soberanía persoal: onde está a liberdade sexual das Mulleres?

CONFERENCIA Dª AMELIA TIGANUS

PRESENTA Dª TAMARA CANOSA. Creadora escénica, activista feminista.

AMELIA TIGANUS é escritora, activista feminista e formadora en sensibilización e prevención da prostitución e da violencia sexual. Interlocutora experta en denunciar e compartir nos medios de comunicación a experiencia vivida, o pensamento teórico e o relato de quen converteu a loita feminista no sentido da súa vida, despois de ser vítima de trata e ser explotada sexualmente ao longo de cinco anos en prostíbulos españois.

Fundadora de Emargi, asociación que loita por un futuro libre de explotación sexual e reprodutiva de mulleres e nenas. Coordinadora da Escola Abolicionista Internacional para a divulgación feminista e a sensibilización e formación da sociedade civil. Impartiu máis de cincocentas conferencias e obradoiros por todo o territorio estatal, Europa e América Latina. 

Recibiu diversos premios ao seu labor a prol dos dereitos humanos das mulleres e nenas. En 2019 o Ministerio de Igualdade de España outórgalle o recoñecemento ao seu compromiso para acadar unha sociedade libre das violencias contra as mulleres. 

Publicou, La revuelta de las putas: de víctima a activista (Ediciones B, 2021), o cómic, Amelia: historia de una lucha (Serendipia, 2021) e, en breve, publicará o seu terceiro libro, Nunca fui una cualquiera.

Amelia Tiganus