Ir o contido principal
Oficina do Peirado

TURISMO CANGAS

FacebookTwitterShare
Turismo

O servizo de atención da oficina turística do Concello de Cangas, xestionado pola empresa Krea Gestión de la Cultura y Ocio SL,  ao abeiro da subvención para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao publico en oficinas de turismo adheridas a rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, unha vez rematada a ponte de decembro, deixa un balance de 533 visitantes atendidos, confirmando o crecemento turístico nestas datas situadas fora da tempada alta.

De estas 533, 517 son nacionais, maioritariamente de Madrid (126), Pais Vasco (50) e Barcelona (32) e 16 estranxeiros.  

Das persoas atendidas, na súa maior parte familias cunha estancia media de entre 1 e 3 días,  132 se aloxaron en Cangas e 350 o fixeron en Vigo, pero se desprazaron ata a nosa vila para gozar da natureza e a cultura.

Sinalar que 495 de estas persoas atendidas na oficina, visitaban Cangas por primeira vez.