Ir o contido principal
“Recuperación e posta en valor dunha senda de interese etnográfico e medioambiental que une as aldeas de Herbello, Piñeiro e Gandón”

Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego

FacebookTwitterShare
Turismo
Turismo

Finalizado o proxecto de “Recuperación e posta en valor dunha senda de interese etnográfico e medioambiental que une as aldeas de Herbello, Piñeiro e Gandón” cunha aportación de 13.830,30€ da Xunta de Galicia ao abeiro das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

A senda está dividida en dous tramos ben diferenciados, por un lado a parte rural que percorre camiños asfaltados onde se aprecian os núcleos das aldeas de Herbello, Piñeiro e Gandón nos que atopamos antigos hórreos e lavadoiros e por outro a parte natural que da paso a camiños de terra e pistas, que nos permiten apreciar os valores que a contorna agocha como son a xeoloxía, vexetación e a fauna.

Este percorrido pretende revalorizar os recursos medio ambientais existentes creando unha infraestrutura axeitada para o uso recreativo da veciñanza e dos visitantes que contribúa ademais a protección do territorio.