Reducción da taxa pola recollida do lixo de vivenda para as persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade económica.
Reducción da taxa pola recollida do lixo de vivenda para as persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade económica.
Prazo de presentación: Dende o 2 ata 31 de outubro (ámbalos dous incluídos)
Que a Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola Recollida de Lixo da Mancomunidade de Concello do Morrazo (BOPPO n° 230 do 27711/2020) contempla no seu artigo 8° as seguintes reducións na cota de lixo das vivendas:
• 50% para as persoas xubiladas, pensionistas ou perceptores de axuda familiar, sempre que os seus ingresos anuais totais non superen o salario minimo interprofesional vixente no periodo para o que se solicite a redución e non estean obrigados a presentar a declaración do IRPF nin a de Patrimonio.
• 100 % para as persoas perceptoras da RISGA.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de redución acompañada da documentación acreditativa da situación alegada (certificado pensión, RISGA ... ) nas oficinas da ORAL.
Que dita Ordenanza Fiscal na sua disposición adicional primeira establece milia redución do 100% nas taxas pola recollida de Lixo da vivenda para as persoas que se atopen en situación de emerxencia social.
As persoas interesadas deberán solicitar a redución da taxa e achegar a documentación acreditativa da situación a valorar, entre o 2 e o 31 de outubro de 2023, no Centro Municipal de Benestar Social - sito na rúa Andalucia, 3 baixo.
No caso de que as solicitudes resultaran estimadas producirán efectos para o exercicio 2024.
- Log in to post comments