SEMANA SANTA 2023 EN CANGAS DO MORRAZO

Este 2023 volve na súa plenitude a Semana Santa de Cangas do Morrazo. Unha festividade con moita tradición, declarada de interese turístico galego, que leva celebrándose máis de 500 anos na vila e que, cada ano, enche o Concello de xente grazas ós actos e actividades que se levan a cabo.
Os actos, desenrolados polas cinco cofradías da vila, comezarán o sábado 18 de marzo co pregón de Semana Santa a cargo de Dª Benito de la Iglesia Blanco e alóngaranse ata o 9 de abril co Domingo de Resurreción.
Este ano, ademáis dos tradicionais actos relixiosos que converten a vila en lugar de Interés Cultural, Terán lugar actividades en paralelo nestes días de festa como a exposición "Historia dunha tradición: A Semana Santa canguesa", o festival Folclore na Rúa ou o TERRA SPRING FESTIVAL.
Consulta nas descargas toda a programación para estos días!
- Log in to post comments