Ir o contido principal

OBRADOIRO VIOLENCIA DE XÉNERO E O NOVO CONTEXTO DIXITAL

FacebookTwitterShare
CIBERVIOLENCIA

O Concello de Cangas a través da Concellería de Servizos sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade organiza un obradoiro de “Violencia de xénero e o novo contexto dixital" concedido ao Concello de Cangas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia no marco do Acordo de colaboración entre a Secretaría e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Este Obradoiro está centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital (ciberviolencia de xénero, grooming, sexting...). Será impartido por Pantallas Amigas ao alumnado de secundaria no IES María Soliño.

O obradoiro desenvolverase o mércores 21 de decembro de 8:30 a 10:30.