Ir o contido principal
A Xunta Local de Goberno aprobou unha inversión de 7.580 euros para mellorar o estado de catro parques infantís

O Concello de Cangas reparará de urxencia deficiencias en catro parques infantís

FacebookTwitterShare
Parque infantil Vilariño

A Xunta Local de Goberno celebrada onte aprobou a adxudicación á empresa Leisure Gallaeci S.L. a realización dunha actuación urxente para subsanar o deterioro que presentan catro parques infantís do Concello.

Os traballos suporán unha inversión total de 7.580 euros nos que levarase a cabo unha reposición e mantemento tanto dos elementos do xogo como do valado que presente un estado deteriorado, ademáis da limpeza de espacios e colocación de carteis informativos.

Os parques nos que acometeranse os traballos son os de Irmandade da Fala e Piñeiro da parroquia de Darbo, Vázquez Pintor de Coiro e o de Vilariño, ubicado en O Hío.

No parque Vázquez Pintor realizaranse traballos de renovación do valado de madeira e desmontaxe, restauración e colocación de elementos de xogo para os maís pequenos, ademáis da colocación dun asento-cuna.

No parque Irmandade da Fala restauraranse os elementos de xogo e, nos dous restantes (Vilariño e Piñeiro) sustituirase o valado de madeira deteriorado mais todos os elementos de xogo infantil.

Así, o Concello de Cangas comprométese en poñer á disposición dos cidadáns os parques infantís nas mellores condicións.