O goberno local inclúe no Plan Concellos a reforma da piscina municipal de A Balea
O Concello de Cangas invertirá 297.927 euros na piscina municipal
O goberno inclúe no Plan Concellos a reforma da piscina municipal de A Balea cun importe que ascende ata os 297.927 euros.
A reforma e acondicionamiento da piscina servirá para solventar os problemas de humidades e filtracións que, segundo recolle a memoria técnica presentada o pasado venres, derívanse de "vicios de mera construcción".
Según señalou a alcaldesa, o goberno local considera a reforma como "prioridade social" solventar as deficiencias que presenta actualmente a piscina pola importancia que ésta ten no día a día da cidadanía.
Entre os traballos que levaranse a cabo destacan:
- Impermeabilización da cuberta e recuperación da estrutura de madeira do exterior sustituindo os elementos en mal estado
- Levantaranse os patios para a impermeabilización das cubertas planas
- Na última fase trataranse os muros de formigón e as escaleiras cun hidrófugo e abordaranse os problemas existentes na praia da piscina, levantándoa e sustituindo o pavimento
- Log in to post comments