Ir o contido principal

Cangas libre de violencia machista

FacebookTwitterShare
Cangas libre de violencia machista

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade do Concello de Cangas en colaboración coa Concellería de Cultura vai instalar un punto lila no recinto feiral das naves de Ojea do 22 ao 31 de agosto con motivo das Festas nun horario estimado de 21:00 a 01:00. Esta actividade forma parte do Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia machista e está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e financiado dentro das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las cortes e Igualdad.

O punto de sensibilización vai ter varias axentes de igualdade para informar e para transmitir a Campaña que leva por título Cangas libre de violencias machistas, sen igualdade non hai festa. Cangas libre de violencias machistas, non faltes á festa, non faltes ao respecto”. No punto haberá material informativo propio da Campaña e tamén contaremos con folletos informativos e material elaborados pola área de igualdade da Deputación de Pontevedra dentro da súa Campaña contra as agresións sexuais en Festivais: Lembra, eu decido tí respectas e Conta conmigo, eu respéctote.

 

Cangas 19 de agosto de 2019