Ir o contido principal

RECUPERANDO A HISTORIA DAS MIÑAS VECIÑAS

FacebookTwitterShare
Recuperando a historia das miñas veciñas

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, organizamos un proxecto a desenvolver co alumnado dos centros educativos de Cangas. O programa ten como finalidade a sensibilización e a concienciación sobre o papel das mulleres dirixida a promover cambio de valores no ámbito educativo e na sociedade.

 

A proposta foi dirixida aos centros educativos no mes de marzo na que se propuxo que o alumnado traballara sobre unha ou dúas mulleres, ou sobre colectivos de Mulleres que naceran en Cangas ou que desenvolveran o seu traballo en Cangas. Cada Centro tiña que escoller sobre que Mulleres do noso pasado histórico ou Mulleres contemporáneas ían a realizar o seu traballo de divulgación. A finalidade é que cada centro dera a coñecer e investigara sobre Mulleres que tiveran algún tipo de relación co seu Centro ou do lugar onde está situado o centro para ampliar as nosas referentes.

 

Co traballo realizado cos Centros Educativos que participaron no proxecto: Ceip Espiñeira, Ceip A Rúa, Colexio Compañía de María, Ies Montecarrasco realizáronse lonas para expoñer na rúa os seus traballos ao resto da veciñanza ao igual que se realizaron marca páxinas para distribuír nas bibliotecas.

 

As Mulleres seleccionadas foron: Dolores Blanco, Fina Acuña, Belén Guimeráns, Ana María Soto Landeira, Carmiña Pérez Alonso, e o colectivo das avoas como recoñecemento aos coidados.