OBRADOIRO DANZA E IGUALDADE
Dentro do marco das actividades do Día Internacional das Mulleres o Concello de Cangas e o Consello Municipal de Igualdade, organizan o obradoiro "Danza e Igualdade". Este obradoiro está dirixido a 25 Mulleres e ten por finalidade:
1 Promover a Igualdade a través da danza
2 Facer un achegamento histórico da danza contemporánea a partires de Mulleres empoderadas.
3 Fomentar a autoestima, empatía e a sororidade entre as participantes.
4 Experimentar a expresión artística da danza a través do movemento e a creatividade.
IMPARTE
Xiana Vilas Castro, Doutora en Psicoloxía Social e Licenciada superior en Danza.
INSCRICIÓN
A partir do luns 26 de febreiro ata completar aforo.
Centro de Información ás Mulleres de Cangas
Rúa Andalucía, 3 - Baixo Edificio Xoia
986392268 cim@cangas.gal
- Log in to post comments