Ir o contido principal
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “FIANDO REDES”

FIANDO REDES

FacebookTwitterShare
Fiando Redes

O Concello de Cangas informa sobre as bases de axudas que van destinadas a asociacións de mulleres e outras asociacións, federación e fundacións sen fins de lucro, que teñan como obxectivo prioritario e ámbito de actuación a promoción da Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Poden solicitar axuda para:

— Encontro con escritoras: reunión con diferentes escritoras galegas co que se pretende dar a coñecer e poñer en valor a creación literaria ao tempo que se fomentan a lectura, a escritura creativa e a oralidade. Ademais quérense fomentar a través da literatura valores coma a solidariedade, a tolerancia, a igualdade e a non violencia

— Acción escénica: pezas artísticas onde se integran a escenificación e a interpretación, o teatro, a música e o baile

— Música: actuacións musicais de diferentes artistas musicais galegas

— Mural: intervención mural. Realización dunha actividade atractiva e colaborativa con perspectiva de xénero

— Faladoiros: realización de actividades de formacións en relación coa igualdade e a prevención da violencia de xénero”