Ir o contido principal
CONSELLO MUNICIPAL DE IGUALDADE

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES TRABALLADORAS

FacebookTwitterShare
Cartel

Mercores 9 de marzo, Auditorio Municipal. 

                     Proxección curta “Reto equivocado” guión gañador do Concurso de guións contra  as Violencias Machistas. Guión das alumnas Nadia Rial Prach, Erika Rodal Rodríguez, Elda Melón Rodríguez (IES Monte Carrasco) 

                     Esta curta foi elaborada a partir do guión gañador do concurso de guións contra as violencias de xénero nos que participaron os Centros educativos de secundaria: Ies Montecarrasco, Ies Rodeira, Ies María Soliño, Cpr Casa de la Virgen. Elaboráronse 38 guións quedando como finalistas os seguintes:

  • Reto equivocado de Nadia Rial Prach, Erika Rodal Rodríguez, Elda Melón Rodríguez (Ies Montecarrasco)
  • Irónico de Antía Hermida Marino e Daniela Paredes Barbosa (Ies María Soliño)
  • O Xuízo de Alejandra Ruíz Alvarez, María Burgo López, Ana Vidal Antepazo (Ies Rodeira)
  • Aquel día de Verán de Carla Reboreda Iglesias, Beltrán Reguera López e Xan Piñeiro Sotelo (Ies Montecarrasco)
  • Estou farta de someterme de Carmen Rúa Pérez e Mónica Chapela Pastoriza (Ies María Soliño)

 

Proxección Todas as Mulleres que coñezo de Xiana do Teixeiro.

En tres conversacións reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora procura articular un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento. (en colaboración co Cineclub de Cangas)

Actividade financiada con Fondos do Pacto de Estado contra as Violencias de Xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.

Concurso Guións