Ir o contido principal
“Consello Municipal de Igualdade” Marzo 2022

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES TRABALLADORAS

FacebookTwitterShare
8M

Dentro do marco das actividades en relación ao 8 de marzo o Concello de Cangas e Consello Municipal de Igualdade vai desenvolver as seguintes propostas:

 

Luns 7      Exposición Recuperando a Historia das Miñas Veciñas. Concello de Cangas. Do 7 ao 11 de marzo

 

Martes 8M

18:00            Teatro Coser e Contar con Marta Ortiz. Teatro familiar no adro da Capela do Hospital (en caso de choiva na Sala de exposicións do Auditorio Municipal) Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento.

 

20:00            Manifestación. Saída da Praza do Concello.

Lectura manifesto Consello Municipal de Igualdade na Praza do Concello

 

Mércores 9                 Auditorio       

20:00            Proxección curta “Reto equivocado” guión gañador do Concurso de guións contra as Violencias Machistas. Guión das alumnas Nadia Rial Prach, Erika Rodal Rodríguez, Elda Melón Rodríguez (IES Monte Carrasco)

                     Esta curta foi elaborada a partir do guión gañador do concurso de guións contra as violencias de xénero nos que participaron os Centros educativos de secundaria: Ies Montecarrasco, Ies Rodeira, Ies María Soliño, Cpr Casa de la Virgen. Elaboráronse 38 guións quedando como finalistas os seguintes:

  • Reto equivocado de Nadia Rial Prach, Erika Rodal Rodríguez, Elda Melón Rodríguez (Ies Montecarrasco)
  • Irónico de Antía Hermida Marino e Daniela Paredes Barbosa (Ies María Soliño)
  • O Xuízo de Alejandra Ruíz Alvarez, María Burgo López, Ana Vidal Antepazo (Ies Rodeira)
  • Aquel día de Verán de Carla Reboreda Iglesias, Beltrán Reguera López e Xan Piñeiro Sotelo (Ies Montecarrasco)
  • Estou farta de someterme de Carmen Rúa Pérez e Mónica Chapela Pastoriza (Ies María Soliño)

                        Proxección Todas as Mulleres que coñezo de Xiana do Teixeiro.

En tres conversacións reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora procura articular un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento. (en colaboración co Cineclub de Cangas)

Actividade financiada con Fondos do Pacto de Estado contra as Violencias de Xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.

 

Sábado 12                  Auditorio

20:00               Teatro “Feminissimas” Deste Xeito Produción

Creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. Un congreso feminista en Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”...Este é o punto de partida desta creación de Esther F Carrodeaguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. Unha comedia negra moi violeta. (en colaboración coa Concellería de Cultura)

 

Luns 14          Exposición Recuperando a Historia das Miñas Veciñas. Bibliotecas de Aldán, Hio, Coiro e Darbo. Do 14 marzo ao 14 de abril.

 

Venres 18                  Auditorio

21:00               Proxección Por ser Muller de Mercedes Resino

Un documental que conta a vida das iniciadoras do feminismo en Madrid: a cantante Julia León e a profesora Luisa Postigo. Este documental abarca os primeiros temas de conversación nas reunións, que lles fixo tomar conciencia de que había unha loita das mulleres. A procura de si mesmas, o rexeitamento á desigualdade, a prioridade dunha independencia económica, as dificultades no mundo laboral, así como outros condicionamentos que aínda se manteñen. (en colaboración co Cineclub de Cangas)

 

Proxecto “Recuperando a Historia das miñas Veciñas II”. Centros educativos de primaria e secundaria durante o mes de marzo

 

Este proxecto está dirixido aos centros educativos de primaria para expresar e sensibilizar ao resto da cidadanía a través dun traballo en rede para visibilizar o traballo daquelas Mulleres que naceron en Cangas ou que desenvolveron o seu traballo en Cangas. Cremos que é importante que os nenos e nenas teñan unha actitude activa nesta proposta comunitaria. As Mulleres escollidas poden ser Mulleres do noso pasado histórico ou Mulleres contemporáneas e serán escollidas no propio centro. A finalidade é dar a coñecer e investigar sobre as Mulleres da nosa contorna e así poder ampliar as persoas referentes. Coas biografías entregadas ao finalizar marzo elaborarase unha exposición para dar a coñecer a estas Mulleres ao resto da cidadanía.