Ir o contido principal

DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

FacebookTwitterShare
25 N

O Concello de Cangas a través da Concellería de Igualdade informamos que dentro do marco das accións en relación ao 25 de novembro vanse desenvolver as seguintes actividades:

 Xoves 23 de Novembro
19:30h Charla “De barbies a influencers” impartido por Prisma no Centro Sociocomunitario. Ao abeiro subvención igualdade da Xunta de Galicia. Servizo de Gardería. Organiza Federación de Anpas de centros públicos A Gameliña

Venres 24 de Novembro
10:30h Contra as violencias, apúntate ao bo trato en colaboración cos Centros Educativos. Praza das Pontes (en caso de chuvia no Auditorio Municipal)
O alumnado tomará o protagonismo nas rúas con diferentes propostas de acción baixo o lema Contra as violencias, apúntate ao bo trato. Os Centros que participan son Ceip O Hío, Ceipp Espiñeira, Ceip San Roque, Ceip Castrillón, Cpr Eduardo Pondal, Cpr Casa de la Virgen, Cpr Compañía de María, Ies Montecarrasco e Proxecto LuzAzul e Ies Rodeira. Estas actividades están cofinanciadas con Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género.

“Sementando e coidando a Igualdade” Ceipp Espiñeira
“O lazo do ben querer” Ceip O Hío
“#No more Matildas” Cpr Casa de la Virgen
“Contra a violencia digo Basta” Ceip Castrillón
“Batukada Feminista” Ceip San Roque
“Non nos calarán” Ies Rodeira
“Tecendo Igualdade” Proxecto LuzAzul e Ies Montecarrasco
“Tiven medo de vogar” Cpr Eduardo Pondal
“Rompendo cadeas” Colexio Compañía de María

11:30h “Lúa Triangular. Nada é imposible” Jara Ortiz. 1º ciclo de primaria. Praza da Palma (en caso de chuvia na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
Consello Municipal de Igualdade
Campaña de obradoiros “Agresión Off, eu digo non á violencia sexual” da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Secretaría Xeral de Igualdade. Obradoiros dirixidos a secundaria no Ies María Soliño.

21:00h Cine: “Os meus problemas co matrimonio” Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela. Organiza Cineclub Cangas

Sábado 25 de Novembro
10:30h “Ruta Historia das Mulleres de Cangas”. A Illa dos ratos (inscrición previa no whatsapp 611080853) Saída estatua María Soliño
18:00h “Manifestación” con saída da Praza do Concello e lectura do Manifesto colectivo Contra as Violencias do Consello Municipal de Igualdade.

Xoves 30 de Novembro
09:20h Obradoiro “Violencia de xénero no novo contexto dixital” Impartido por Pantallas Amigas. Ies María Soliño.
Dende a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, dentro do marco do Acordo de Colaboración asinado entre este departamento e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, concederon este Obradoiro centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital (ciberviolencia de xénero, grooming, sexting).

20:30h Cine “Curtametraxes contra as violencias machistas” Cinmemora Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela. Entrada de balde.
Selección de curtametraxes para concienciar no rexeitamento cara as violencias machistas.

36 Ana Lambarri
A entrevista de Fernando Tato e Susana Sampedro
Biografía del cadáver de una mujer de Mabel Lozano
Lo peor que podría pasar de Elena Tara
Harta de Julia de Paz
There will be monsters de Carlota Pereda.