Ir o contido principal
O curso vai ser impartido por monitorado especialista en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita

CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS

FacebookTwitterShare
Curso Autodefensa

O Concello de Cangas a través da Concellería de Servizos sociais, Igualdade, Sanidade, Feminismo e Participación veciñal organiza un curso de autodefensa para Mulleres. Este curso foi concedido ao Concello de Cangas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia no marco do Acordo de colaboración entre a Secretaría e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.  

Este curso ten como obxectivo dotar de habilidades na defensa persoal e traballar as autocapacidades a través do adestramento físico e psíquico ante posibles situacións de violencia. O curso ten unha duración de 8 horas dividido en dous días, o sábado 27 de novembro e o sábado 4 de decembro de 17:00h a 21:00h.

O curso vai ser impartido por monitorado especialista en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.

Para inscribirse no obradoiro as mulleres interesadas teñen que dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres, Centro Municipal de Benestar Social, rúa Andalucía 3 baixo Edificio Xoia, 986392268, 986392266 antes do 24 de novembro.