CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA AS VIOLENCIAS

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, convocamos nos Centros de Secundaria de Cangas un concurso de guións contra as violencias.
Os obradoiros vanse desenvolver ao longo do mes de novembro nos centros educativos de secundaria comezando os primeiros obradoiros o 12 de novembro no Ies Rodeira. A finalidade do programa é empregar o cine como ferramenta de prevención, sensibilización e concienciación contra as violencias de xénero. Co guión gañador realizarase a curtametraxe coa participación do alumnado.
O concurso vai dirixido ao alumnado de 1º,2º, 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato do Concello de Cangas.
O obxectivo do concurso é elaborar un guión que teña como mensaxe principal a prevención das violencias de xénero.
Os traballos deben centrarse en promover valores ligados á igualdade e a prevención da violencia sexual.
O alumnado pode participar no concurso individualmente ou nun grupo de ata un máximo de 3 persoas. En todo caso, soamente se pode presentar un guión por candidatura.
OBXECTIVOS
Promover a adquisición de valores ligados á prevención da violencia de xénero coa elaboración dun guión cinematográfico.
Fomentar dinámicas plenamente participativas e motivadoras para que a xente participe na creación de propostas de educación para a igualdade.
Promover acción que promovan a sensibilización contra a violencia de xénero e a promoción e sensibilización en igualdade de oportunidades.
- Log in to post comments