Campaña contra as Violencias, apúntate ao Bo Trato
Dentro dos actos do 25 de novembro, Día contra as Violencias Machistas:
Venres 24 de novembro
Campaña contra as Violencias, apúntate ao Bo Trato
A partir das 10:30h da mañá na Praza das Pontes o alumnado tomará o protagonismo nas rúas con diferentes propostas de acción baixo o lema Contra as violencias, apúntate ao bo trato. Os Centros que participan son Ceip O Hío, Ceipp Espiñeira, Ceip San Roque, Ceip Castrillón, Cpr Eduardo Pondal, Cpr Casa de la Virgen, Cpr Compañía de María, Ies Montecarrasco e Proxecto LuzAzul e Ies Rodeira. Estas actividades están cofinanciadas con Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.
Durante a mañá no Ies María Soliño estará a "Campaña Agresión Off, eu digo non á violencia sexual" realizando obradoiros co alumnado. Esta actividade está concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade.
- Log in to post comments