O Concello de Cangas pon en marcha 4 ACCIÓNS FORMATIVAS AFD

O CONCELLO DE CANGAS, a través da Concelleria de Desenvolvemento, económico, emprego e persoal iniciará en breve un total de 4 accións formativas oficiais e gratuítas enmarcadas no Plan AFD, ao abeiro da subvención que acadou da CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA. Poden participar neles preferentemente persoas desempregadas aínda que tamén poden participar persoas traballadoras ocupadas.
Os cursos previstos e que xa se poden solicitar o antes posible son so seguintes:
- OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS, con 448 horas incluídas prácticas en empresas, dirixido a persoas con discapacidade (Certificado de Profesionalidade de nivel 1, sen titulación de acceso).
- SEGURIDADE INFORMÁTICA, con 518 horas, incluídas prácticas en empresas (Certificado de Profesionalidade de nivel 3, cos requisitos de acceso estipulados para este nivel).
- COMPETENCIAS CLAVE DE COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ – NIVEL 3, con 218 horas (Sen titulación de acceso e sen ter que ter previamente as competencias clave de nivel 2)
- COMPETENCIAS CLAVE DE COMPETENCIA MATEMÁTICA – NIVEL 3, con 218 horas (Sen titulación de acceso e sen ter que ter previamente as competencias clave de nivel 2)
As Competencias Clave son un conxunto de capacidades e contidos xerais ou básicos que permiten que as persoas que non teñan a titulación ou requisitos profesionais necesarios para acceder aos Certificados de Profesionalidade (ESO, Bacharelato, etc.), conten cunha formación mínima necesaria para acceder e cursar con aproveitamento os respectivos certificados de nivel 2 ou 3. Obtendo as competencias clave de nivel 3 pódese acceder a calquera dos certificados de profesionalidade, xa que é o nivel máis alto.
Estas acción formativas impartiranse na Casa de Oficios do Concello en modalidade presencial e, ademais de ser totalmente gratuítas, o alumnado poderá no seu caso solicitar diferentes axudas económicas segundo as circunstancias concretas de cada persoa (axuda de transporte, de conciliación, discapacidade, etc.). O número máximo de alumnos é de 15 por curso.
As persoas interesadas deben solicitalo o antes posible na Casa de Oficios do Concello, podendo enviar un correo co seu nome, apelidos e teléfono de contacto a casadeoficios@cangas.gal, ou no teléfono 986304650.
CONCELLERIA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, EMPREGO E PERSOAL
- Log in to post comments