Ir o contido principal

Día Mundial da SIDA

FacebookTwitterShare
SIDA

1 de decembro de 2023. Día Mundial da SIDA

Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida co obxectivo de apoiar ás persoas que viven co VIH e recordar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.

Cada ano, ONUSIDA elixe un lema, que este ano é Que lideren as comunidades. Dado que o cambio non depende dun momento, senón dun movemento. As organizacións de comunidades que viven co VIH, que corren o risco de contraelo ou que foron afectadas polo virus están na primeira liña da loita para progresar na resposta ao VIH.

O Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve unha campaña divulgativa en centros escolares de secundaria, bacharelato e formación profesional así como con outras entidades que traballan no eido do VIH/sida e outras ITS. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas. Distribúense preservativos, carteis do Día Mundial da Sida, adhesivos co lazo vermello e folletos con información preventiva.​

O Concello de Cangas contará con stands con información sobre o tema e preservativos nas seguintes dependencias municipais: UAD, Casa da Xuventude e Benestar social.