CYRANXS - PROXECTO LUZAZUL
LUZAZUL é un proxecto do Concello de Cangas que pretende ser un laboratorio de investigación dende a expresión utilizando o teatro como ferramenta. O ano pasado, dentro da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, presentamos CYRANXS.
Nesta proposta, inspirada no personaxe de Cyrano de Bergerac, reflexionamos en torno ao amor nas súas diferentes manifestacións e formas.
Podemos camiñar ao ritmo dunha persoa con un so zapato?
Unha persoa sordocega pode namorarse de min?
Seguirías amando a alguén que esqueceu o teu nome?
Podería namorarme dun Cyrano?
- Log in to post comments



