Ir o contido principal
Sábado 28 de novembro ás 18:00 horas.

OS MONICREQUES DE KUKAS Presenta: XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA

FacebookTwitterShare
xan periñan

Sábado 28 de novembro ás 18:00 horas.

 

Elenco artístico: Marcelino de Santiago (KUkas) Isabel Rei

Dirección: Isabel Rey Pousada.

Autor: Marcelino de Santiago.

 

 

Sinopse:

Espectáculo dirixido ó público familiar e infantil, a partires de 3 / 4 anos que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco...¿Pero onde queda Pernambuco? ¿no hemisferio Norte ou no Sur?...cun pouco de maxia e a axuda dos rapaces seguro que o averiguara.

Xunta tódalas súas cousas e vai metendoas nunha maleta que non é unha maleta calquera...é unha maleta máxica, todo o que aquí se mete, convertese nun truco de maxia...

Ai, Xan Perillán, ¡qué traballos está a pasar! E por riba o seu loro Ravachol aparece e desaparece por arte de birlibirloque ...agora está...agora xa non...Uf, por fin meteuno todo na maleta...Xa pode marchar....

 

Entrada de balde:

Reserva de invitacións: auditorio@cangas.gal  // Tfno.: 986 304 108.

Aforo limitado! Se concederán as invitacións por riguroso orde de petición.