Cine de Verán

O Concello de Cangas empeza a súa programación cultural do mes de agosto coa presentación do ciclo de cine na rúa que se celebrará ao longo do mes de agosto e setembro en Cangas, Aldán, Hio e Darbo.
A programación comeza este domingo 2 de agosto no Adro do Hio a partires das 22:30 horas coa proxección da pelicula de aventuras “JUMAMJI : siguiente nivel” dirixida por Jake Kasman e interpretada por: Dwayne Johnson, Karen Gillam, Madison Iseman, Jack Black,,..
As invitacións para asistir a esta proxección poderán recollerese na Casa da Xuventude o xoves 30 e o venres 31 de xullo de 10:00 a 13:00 horas, e o domingo 2 de agosto a partires das 21 :00 horas no lugar da proxección.
O resto da programación será o seguinte:
- Domingo 9 de agosto Xardins do Señal Cangas ás 22:30 horas coa proxeción de “PADRE NO HAY MAS QUE UNO” dirixida por Santiago Segura, e interpretada por Santiago Segura, Toni Acosta, Silvia Abril, Leo Harlem,…
- Domingo 16 agosto no Adro da Capela da Magdalena ás 22:30 horas coa proxección da pelicula de debuxos animados “MASCOTAS 2”
- Domingo 23 de agosto na Alameda de Aldán ás 22:30 horas coa proxeción de “DUMBO” dirixida por Tim Burton, e interpretada por Colin Farrell, Danny de Vito Eva Green…
- Domingo 6 de setembro Xardins do Señal Cangas ás 22:30 horas coa proxeción de “YESTERDAY” dirixida por Danny Boyle, e interpretada por Lily James, Himesh Partel,…
As invitacións para asistir a estas proxeccións poderán recollerese na Casa da Xuventude de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas, e tamén no lugar de proxección 1 hora antes do comezo da mesma (no caso de que queden invitacións dispoñibles)
Colabora có Concello de Cangas nesta actividade a A.V.V. Fontenova do Hio e A.V.V. San Blas de A Magdalena (Darbo)
- Log in to post comments