Ir o contido principal
Dentro dos actos do 25N Contra as Violencias

ANATOMÍA DUNHA SEREA

FacebookTwitterShare
Anatomía de unha Sirea

Sábado 27 de novembro ás 20.00 horas no @AuditorioCangas dentro dos actos do 25N Contra as Violencias

IRIA PINHEIRO presenta: ANATOMÍA DUNHA SEREA
Sinopse:
Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o parto narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá todo o visceral dun caso aberto.
Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia íntima, de transfo
rmar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo, converténdose nunha historia global contada nunha voz soa. Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí. Mulleres e homes temos responsabilidade no que se conta nesta peza, e temos a posibilidade de mudar o relato e a Historia.
Actriz protagonista: Iria pinheiro
Dramaturxia, dirección: Xron
Escrita: María Lado, Iria Pinheiro
Escenografía, atrezzo, iluminación: Suso Jalda
Espazo sonoro: Iria Pinheiro, Xacobe Martínez Antelo
Fotografía/gráfica: Paula pez
Xefa de produción e asistencia de dirección: Patricia De Lorenzo

Duración: 75 minutos.
Público: adulto.

Venda de entradas:
Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes.
Prezo: 5 euros.