Ir o contido principal

Celebración do Día de Rosalía en Cangas

FacebookTwitterShare
Rosalía

O vindeiro 23 de febreiro ás 11.00 horas, o Palco da Música nos Xardíns de Félix Soage acollerá a celebración conxunta do Día de Rosalía, nun acto organizado polos IES Monte Carrasco, IES Rodeira e IES Illa de Ons en colaboración co Concello de Cangas.

O evento reunirá arredor de 185 estudantes de 3.º e 4.º da ESO, que participarán activamente nunha xornada dedicada á figura e ao legado de Rosalía de Castro. Cada centro presentará un manifesto cunha temática específica e o alumnado ofrecerá recitais poéticos cunha coidada selección de textos rosalianos. A parte musical terá tamén un papel destacado coa actuación dos coros escolares.

Esta xornada constitúe unha mostra do compromiso da comunidade educativa e do Concello de Cangas coa promoción da lingua e da cultura galegas, así como co recoñecemento dunha das figuras máis emblemáticas da nosa literatura.

RosalíaRosalía