Ir o contido principal

A BIBLIOTECA CENTRAL PRESENTA UN NOVO NÚMERO DE "LER(IN)CANGAS"

FacebookTwitterShare
Ler in Cangas

A Biblioteca Municipal Central de Cangas, situada na Casa da Cultura Bernardino Graña, presenta o segundo número de Ler(in)Cangas, o seu boletín de novidades bibliográficas, correspondente ao mes de novembro de 2026.

A publicación reúne unha selección de libros incorporados ás coleccións das bibliotecas municipais, con propostas para diferentes idades e intereses lectores. Entre as novidades figuran obras de literatura infantil e xuvenil, narrativa contemporánea, poesía, teatro, banda deseñada, ensaio e literatura clásica.

Con esta publicación, a Biblioteca Municipal Central facilita á veciñanza o coñecemento dos seus fondos e achega novas propostas de lectura para descubrir e levar en préstamo.