SON E PAISAXE NA OBRA DE RAMÓN OTERO PEDRAYO
O Concello de Cangas acollerá o vindeiro xoves 7 de maio, ás 19.30 horas, a conferencia Son e paisaxe na obra de Ramón Otero Pedrayo, unha actividade incluída no programa das Letras Galegas e vinculada ao proxecto Son SON - Sonodramas do Morrazo.
A conferencia será impartida por Xosé Manuel Salgado, estudoso da obra oteriana e ex profesor do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, quen ofrecerá unha aproximación á visión de Ramón Otero Pedrayo sobre a paisaxe como memoria, identidade e tamén como experiencia sonora.
A proposta convida a afondar na relación entre territorio, palabra e escoita, abrindo un espazo para pensar a paisaxe desde unha perspectiva cultural e sensorial.
Datos da actividade
Conferencia: Son e paisaxe na obra de Ramón Otero Pedrayo
Relator: Xosé Manuel Salgado
Data: Xoves, 7 de maio
Hora: 19.30 horas
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Cangas
A actividade forma parte da programación das Letras Galegas en Cangas.

- Log in to post comments



