Ir o contido principal

PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2026

FacebookTwitterShare
LETRAS GALEGAS 2026

O Concello de Cangas presenta a programación do Mes das Letras Galegas 2026, unha proposta organizada a través do Servizo de Normalización Lingüística que reunirá durante o mes de maio diferentes actividades arredor da lingua, da literatura e da cultura galega.

A programación deste ano pon o foco na figura de Begoña Caamaño e inclúe relatorios, teatro, obradoiros infantís e propostas sonoras pensadas para públicos diversos. O obxectivo é achegar á veciñanza novas formas de descubrir, escoitar e compartir a nosa lingua, ao tempo que se reivindica o papel da cultura galega como espazo de memoria, creación e participación.

As actividades comezarán o 7 de maio, ás 19.30 horas, no Salón de Plenos, co relatorio “Son e paisaxe na obra de Otero Pedrayo - X. M. Salgado”. O programa continuará o 8 de maio, ás 19.00 horas, tamén no Salón de Plenos, con “A nena que perdeu un zapato na lama - R. Nicolás”.

O 9 de maio, ás 19.00 horas, o Auditorio acollerá “Son SON, Sonodramas do Morrazo”, unha performance sonora vinculada ao territorio. Xa o 15 de maio, ás 17.00 horas, terá lugar no Centro Social o obradoiro infantil “Desde Exeria a Begoña Caamaño - Costa Oeste”, e ese mesmo día, ás 19.00 horas, a Sala de Exposicións do Auditorio recibirá a proposta teatral “Begoña Caamaño: o transgredir das ondas”.

A programación rematará o 22 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Plenos, coa palestra “Begoña Caamaño: Xornalismo con conciencia”.

Con esta programación, Cangas súmase á celebración das Letras Galegas cunha axenda que combina divulgación, creación e participación, convidando á veciñanza a vivir a lingua galega desde a cultura, a memoria e o presente.

 

LETRAS GALEGAS 2026