CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A SECTORES ECONÓMICOS AFECTADOS POLA COVID-19
O BOPPO Nº 156, publica:
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A SECTORES ECONÓMICOS AFECTADOS POLA PANDEMIA DA COVID-19 no ámbito do CONCELLO DE #CANGAS.
O prazo de solicitude é de 20 días NATURAIS, dando comezo o día de hoxe, 17 DE AGOSTO, e rematará o vindeiro día 6 DE SETEMBRO, ambos inclusive.
O modelo de SOLICITUDE é o modelo oficial que consta nas bases da convocatoria (ANEXO I). No caso de presentarse a través da sede electrónica, cubrirase o modelo de instancia xeral xunto co resto da documentación deixando constancia da participación no proceso de convocatoria de axudas.
As SOLICITUDES de subvención dirixiranse á Sra. Alcaldesa e presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través da Sede electrónica do Concello de Cangas https://cangas.sedelectronica.gal/). Este xeito será obrigatorio para aquelas solicitantes que non sexan persoas físicas.
No caso de presentación presencial, as persoas interesadas presentarán a súa solicitude no modelo oficial, acompañada da documentación esixida e debidamente cuberta e asinada, no Rexistro Xeral do Concello de Cangas ou por calquera dos medios indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Neste caso poderá ser precisa a cita previa.
*Información rescatada da sede electrónica do Concello de Cangas.
- Log in to post comments