Ir o contido principal

Boas prácticas de consumo no Nadal

FacebookTwitterShare
Boas prácticas de consumo no Nadal

O Concello de Cangas pon en marcha unha campaña a través das redes sociais  sobre recomendacións de boas prácticas para o consumo no Nadal. Nestas épocas festivas adóitase gastar por riba do que se fai normalmente, polo que se aconsella levar a cabo compras responsables e sostibles.

Cada día, irase subindo no Facebook e no Twitter listaxes de suxestións diferentes. Velaquí se poden ver algúns exemplos:

Antes de mercar…

  1. Reflexiona se realmente é preciso.
  2. Evita compras por impulso.
  3. Pensa se o uso do produto ten implicacións medioambientais.
  4. Lembra que é máis sostible o feito máis preto.
  5. Compara prezos en diversos establecementos.

Neste Nadal…

  1. Fai as túas compras no comercio local.
  2. Merca produtos galegos, ecolóxicos e de proximidade.
  3. Agasalla xoguetes non sexistas e non violentos.
  4. Se fas compras online, comproba se a páxina é segura.
  5. Ten presente que os animais non son xoguetes.

Merca xoguetes que…

  1. Favorezan o xogo libre e espontáneo.
  2. Reflictan a diversidade.
  3. Estean libres de prexuízos sexistas ou racistas.
  4. Contribúan á cooperación entre iguais.
  5. Promovan as capacidades e habilidades.
  6. Non sexan violentos.
  7. Nomeen nenos e nenas por iguais.
  8. Conteñan o marcado CE.
  9. Se adecúen á idade e gustos da menor.

Lembremos neste apartado que os xogos e a lectura son dúas ferramentas que serven para educar. Para educar na liberdade e igualdade débense escoller agasallos que non estereotipen, limiten e violenten.